A 
EGAP adquire o compromiso de avanzar no desenvolvemento das súas tarefas a partir da integración dun sistema de calidade. O camiño cara á excelencia configúrase como unha decisión estratéxica que permite mellorar continuamente as actividades, os servizos e o funcionamento interno das organizacións. 
Coa introdución dos criterios de calidade na realización das súas funcións e o impulso da reflexión dentro do ámbito das administracións públicas, a 
EGAP quere ser un centro de referencia, unha organización innovadora e pioneira, comprometida coa excelencia, co respecto á igualdade de oportunidades, co medio ambiente e coa seguridade.