Escola Galega de Administración Pública
Web map   |   Accesibility   |   Contact
EGAP EGAPTRAINING MULTIMEDIA PRESENT KNOWLEDGE

Welcome - Director

  •  	Sonia Rodríguez-Campos  

    O Consello da Xunta aprobou o 12 de Xullo de 2012 o decreto de nomeamento da profesora de Dereito Administrativo Sonia Rodríguez-Campos como directora da Escola Galega de Administración Pública, cargo no que substitúe a Pablo Figueroa Dorrego, cuxo decreto de cesamento tamén foi aprobado o mesmo día no Consello do Goberno galego.

    Sonia Rodríguez-Campos naceu en Ourense e é profesora titular da Universidade de Vigo. É licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, máster en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade de Gales e doutora en Dereito coa cualificación de sobresaínte cum laude pola súa tese sobre o réxime xurídico da calidade industrial. Conta cunha ampla traxectoria como xurista e docente, que inclúe varias monografías en materia de ordenación económica e máis de vinte artigos en revistas xurídicas, nos cales abordou cuestións como a xustiza administrativa, o dereito da competencia, a defensa ambiental e do patrimonio histórico, a ordenación urbanística ou as políticas públicas europeas.

    Rodríguez-Campos tamén foi investigadora no Instituto de Dereito Público de La Sapienza (Roma) e na Universidade París XII-Val de Marne, e ten participado en distintos proxectos de investigación que a vinculan á facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid. Así mesmo, no seu cirrículo tamén figura haber traballado na asesoría xurídica da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo e ser vogal dos consellos de dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia e da Academia Galega de Seguridade Pública.
FOLLOW US ...
 
Registration
 
VIRTUAL CLASS
 
RELATED CONTENT
 
CONTACT
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212