Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso de contratación pública de traballos de arquitectura (PU26009-SANTIAGO)

    A Escola / Xoves, 10 de Setembro de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), convoca o Curso de contratación pública de traballos de arquitectura.


    Persoas destinatarias:

    – Arquitectos/as interesados/as en ampliar os seus coñecementos con formación especializada no ámbito da contratación pública de obras de arquitectura e en coñecer en profundidade todos os procedementos vinculados a este tipo de contratación, en aplicación do seu marco xurídico definido pola Lei de contratación pública, Lei 9/2022, do 14 de xuño, de calidade da arquitectura, e a Lei 2/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

    – Secretarios/as e interventores das administracións locais de Galicia.

    – Persoal das distintas administracións públicas de Galicia: persoal funcionario de carreira, persoal interino dos grupos A e B e persoal laboral dos grupos I ou II, que posúan o título de grao, licenciatura ou máster, arquitecto, arquitecto técnico ou enxeñeiro.

    Prazas: 50

    Datas:  23 e 30 de setembro; 7, 14 e 21 de outubro de 2026.
    Horarios: de mañá e tarde; das 10.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 18.00 horas.
    Horas lectivas: trinta e tres (33).

    Duración: trinta e tres (33).

    Inscrición:  ata as 23.59 horas do día 20 de setembro de 2026 cubrindo o formulario que para ese efecto figurará na páxina web do COAG (https://www.coag.es), na sección do curso, acreditando a documentación requirida para cada modalidade de matrícula. 
     

  • Recursos
  •   Resolución DOG  
  •   Ficha do Curso  
  •   Matricula e Información web COAG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1357 de 1360
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212