A partir de hoxe ábrese o prazo de matrícula para os cursos de linguaxe administrativa (nivel medio e superior) para o persoal da Administración autonómica. Este ano, como novidade, o nivel medio poderase realizar na modalidade en liña. Na convocatoria, publicada no DOG do 10 de febreiro, ofrécense 4 edicións do nivel medio presenciais, 13 do nivel medio en teleformación e 16 do nivel superior presenciais.
O prazo rematará o día 22 de febreiro ás 14.00 horas. Para matricularse é preciso presentar as solicitudes a través da zona de matrícula da EGAP. Lembrámosvos que só se poderá solicitar unha edición por persoa.