Un ano máis convócase o Premio Manuel Colmeiro para traballos de estudos e investigación sobre a Administración Pública de Galicia, dirixido a persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea.
A Escola Galega de Administración Pública vai convocar 23 actividades de formación continua e 1070 prazas para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro dun convenio coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, 13 actividades formativas do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2026
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio co Consello Consultivo de Galicia, convoca 8 actividades en teleformación dirixidas ao persoal empregado público.