Curso superior de Administración electrónica
A Escola / Luns, 3 de Agosto de 2026.
A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), convoca unha nova edición do Curso superior de Administración electrónica.
Persoas destinatarias:
1. Persoal empregado público da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da súa Administración institucional, así como tamén da Administración local, que se encadre nalgunha das seguintes categorías:
- Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario
- Grupos I e II do persoal laboral
No caso de non se cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder o persoal empregado público das ditas categorías da Administración local e da Administración de xustiza.
Prazas: 70
Datas: do 22 de setembro ao 27 de outubro
Duración: 114 horas lectivas, 30 horas de clases prácticas e 84 horas de teleformación.
Inscrición: Ata as 23:59 horas do 4 de setembro de 2026.