A Escola Galega de Administración Pública vai convocar 23 actividades de formación continua e 1070 prazas para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia.
A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio co Consello Consultivo de Galicia, convoca 8 actividades en teleformación dirixidas ao persoal empregado público.
A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro dun convenio coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, 13 actividades formativas do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2026
Esta tarde reuníronse na EGAP e por videoconferencia os membros do equipo editorial da Revista Galega de Administración Pública (REGAP), publicación dirixida por Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do número 71.