A Escola Galega de Administración Pública convoca 23 actividades de formación continua e 1070 prazas para o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia.
Persoas destinatarias: O persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Matrícula: dende o 09 ata o 16 de xuño na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.