Curso sobre expropiación forzosa para persoal do Concello de Pontevedra
A Escola / Mércores, 10 de Xuño de 2026.
Ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Concello de Pontevedra, convócase unha actividade formativa sobre expropiación forzosa para o persoal do Concello de Pontevedra.
Persoas destinatarias: persoal directivo, funcionarios con habilitación de carácter nacional, persoal da escala de Administración xeral e persoal da escala de Administración especial cuxo posto de traballo teña relación coa materia impartida do Concello de Pontevedra.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 11 de xuño de 2026 ata as 14:00 horas do 18 de xuño de 2026 na área de matrícula