Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (COMDIX)

    A Escola / Venres, 19 de Xuño de 2026.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 56 actividades de formación e 1050 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).


    Persoas destinatarias: O persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (en diante SUG), que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos na convocatoria.

     

    Esta proba de certificación compleméntase coa posta a disposición das persoas interesadas de contidos en liña en réxime da autoformación, de uso voluntario, para adquirir os coñecementos, habilidades e actitudes dixitais, e que servirá de referencia antes de presentarse á proba de certificación.

     

    Acceso aos contidos: O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 29 de xuño ata o 30 de decembro de 2026. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma.

     

    Probas presenciais de avaliación: Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar os certificados galegos de competencias dixitais nivel iniciación e nivel intermedio (COMDIX-iniciación) e (COMDIX-intermedio) emitidos porla AMTEGA.

     

    Matrícula: desde as 9 horas do 19 de xuño ata as 14 horas do 26 de xuño.

     

    Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos automáticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

     

    Máis información:

     

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260618/AnuncioO150-100626-0001_gl.pdf

    https://egap.xunta.gal/matricula/

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 1351 de 1351
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212