Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV16024 - Proceso de detección de trastornos do desenvolvemento

Hai escenarios privilexiados para a detección de trastornos de desenvolvemento ou
situacións de alto risco evolutivo na primeira infancia. Moitos dos ditos problemas son detectados
pola propia familia, outros na escola infantil, nos servizos sociais comunitarios ou
na consulta de pediatría.
A familia, e a formación da familia, desempeña un papel crucial nos procesos de detección
precoz. De igual xeito, cando un neno ou nena asiste á escola infantil, as persoas que
están ao seu coidado son axentes decisivos para a mencionada detección precoz.
Calquera alteración ou proceso atípico que se poida observar debe ser debidamente
canalizada para poder ser valorado coa maior prontitude; esta precocidade na intervención
será decisiva para a mellor evolución do neno ou nena e, polo tanto, para a súa calidade
de vida no futuro.
En termos xerais, segundo a OMS, as cribaxes fan referencia aos instrumentos que
permiten diferenciar persoas que probablemente teñan un determinado problema de saúde
das que non a teñan, de tal xeito que as que dean resultados positivos sexan adecuadamente
derivadas para ser diagnosticadas e tratadas.
No ámbito do desenvolvemento aqueles problemas evolutivos ou de socialización que
derivan de anomalías con fenotipos moi característicos soen ser detectadas sen especiais
dificultades. Porén, hai outras moitas situacións e factores menos visibles e que poden dar
lugar igualmente a problemas no desenvolvemento de maior ou menor gravidade en que
unha detección e intervención precoz poden resultar determinantes. Nestes casos o feito
de poder contar cunha rede de servizos ben formada e competente na monitorización do
desenvolvemento, a valoración das sinais de alerta e a realización, cando proceda, de probas
de cribaxe resulta crucial para facilitar unha atención e intervención precoz.
É por isto que se dedica esta acción formativa a afondar sobre os procesos de monitorización
e cribaxe dos trastornos do desenvolvemento así como sobre as prácticas e instrumentos
máis habituais para unha detección eficaz.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Consellería de Política Social e Xuventude
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO
Horas: 20
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 12/07/2016 - 08:00h
Data Fin matricula: 26/07/2016 - 14:00h
Responsable: de la Sierra Vázquez, Carmen Marcelina - carmen.de.la.sierra.vazquezarrobaxunta.es
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
15/11/2016
Fin
17/11/2016
Data exame
N/D
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212