Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU13018 - Curso sobre accesibilidade universal aplicada I: vías, espazos públicos e mobilidade accesible

A accesibilidade en vías e espazos públicos constitúe un aspecto fundamental no deseño urbano, non só dende o punto de vista legal, con normas tanto estatais coma autonómicas e locais que se han de coñecer para garantir o seu cumprimento, senón tamén dende o punto da funcionalidade, da seguridade viaria e da non discriminación por razón de idade ou discapacidade.
Por outra parte, a necesidade de adaptar os espazos públicos á diversidade humana fai necesario que tanto os técnicos que deseñan estes espazos coma as persoas na Administración responsables de garantir a accesibilidade, coñezan tanto a normativa de aplicación coma as innovacións que se produzan neste ámbito, en canto a materiais, novas tecnoloxías, etc.
Ademais, no caso de moitas cidades, as condicións de accesibilidade han de mellorarse en espazos xa construídos, nos cales a intervención resulta, cando menos, complexa, como son os cascos antigos e históricos. E tamén é necesario analizar as características que en materia de accesibilidade han de reunir os espazos verdes, que son parte esencial das cidades e que contribúen de forma decisiva á sustentabilidade ambiental destas.
Por todo o anterior, este curso quere dar a coñecer tanto a parte teórica, cos conceptos claves que se han de ter en conta e expoñer exemplos de boas prácticas e de actuacións correctas no ámbito da accesibilidade en vías e espazos públicos.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Outros
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 60
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: N/D
1 Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
27/09/2013
Fin
18/12/2013
Data exame
N/D
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212