Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV14013 - Curso técnico sobre cambios e novidades lexislativas en materia de avaliación ambiental. Normativa estatal e autonómica

A lexislación ambiental que regula a tramitación ambiental de proxectos, plans e programas sufriu cambios fundamentais no mes de decembro, coa publicación de dúas novas leis, de ámbito estatal e autonómico, que modifican tanto o contido da documentación de carácter ambiental coma a tramitación destes traballos ante as administracións públicas.
Así, a Lei 21/2013 unifica a Lei 9/2006, sobre avaliación dos efectos de determinados programas sobre o ambiente e o Real Decreto Lexislativo 1/2008 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos. Deste xeito establece un esquema similar para a avaliación ambiental estratéxica (AAE) e para a avaliación de impacto ambiental (AIA) e unifica a terminoloxía empregada.
Por outra parte, a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendimento e da competitividade económica de Galicia, derroga o capítulo correspondente á avaliación de incidencia ambiental da Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, e os Decretos 442/1990, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e 133/2008, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental. Ademais, esta lei suprime a necesidade da licenza municipal de actividade e establece un réxime de comunicación previa.
Estes cambios lexislativos afectan a proxectos, plans, programas e a apertura ou modificación de actividades existentes. Ademáis, a lexislación de ordenación do territorio e urbanismo tamén contempla a tramitación ambiental. Por este motivo, é preciso que os promotores, profesionais e técnicos municipais coñezan as novidades de man dos técnicos das administracións públicas responsables da súa tramitación.
O maior coñecemento destes cambios fará que o alumno que realice este curso poida colaborar co promotor na tramitación ambiental dos traballos.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Medio
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 7
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: Alonso Suarez, Lorena - lorena.alonso.suarezarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
13/03/2014
Fin
13/03/2014
Data exame
N/D
Prazas
80
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212