Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV14035 - Curso práctico: eficiencia enerxética en infraestruturas municipais

Dentro do campo de traballo dos técnicos está o cálculo da eficiencia enerxética e a formulación de propostas para a súa mellora, incluída unha análise económica sobre as mesas e unha programación dos traballos que se deben desenvolver para lograla.
No caso das entidades públicas como concellos, o consumo enerxético non procede só dos edificios, senón que unha parte moi importante vén da iluminación, os equipos de tratamento e depuración das augas, e doutro tipo de instalación de titularidade municipal. A necesidade de diminuír os gastos en organismos públicos fai que sexan precisos profesionais capaces de avaliar o consumo enerxético dos equipamentos e instalación e ofrecer solución para logralo dun xeito mais económico e eficaz. Por outro lado, os técnicos municipais deben ter os coñecementos precisos para preparar os pregos de condicións para a licitación de contratos de auditoría enerxética das instalación dos seus concellos.
Tendo en conta esta necesidade, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, a través deste curso, quere dar aos técnicos as ferramentas que lles permitan realizar estes traballos e ofrecer unha solución que supoña un aforro a entidades como os concellos. Tamén os técnicos municipais deben saber cómo mellorar a eficiencia das instalacións das que son responsables.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Outros
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 80
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: N/D
Data Fin matricula: N/D
Responsable: Alonso Suarez, Lorena - lorena.alonso.suarezarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO1
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
21/10/2014
Fin
31/12/2014
Data exame
N/D
Prazas
80
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212