Proponse esta actividade formativa coa finalidade de establecer mecanismos axeitados de actuación ante aqueles riscos derivados dunha situación de violencia laboral de carácter físico, sexan de carácter interno ou externo, que non se poden evitar, pero que é preciso controlar, paliar e/ou atenuar.
Así, a presente actividade formativa, enmárcase dende unha perspectiva preventiva de afrontamento dunha agresión física a través dunha adquisición de pautas de actuación ante diversas situacións críticas que posibiliten aos traballadores e traballadoras resolver dita situación da forma máis favorable posible.
ACORUÑA |