Formación no uso desta ferramenta informática ás e aos profesionais que traballen na rede de atención temperá de Galicia.
Esta ferramenta ten por obxectivo o rexistro de información das persoas usuarias da rede de atención temperá e ao mesmo tempo facilitar a coordinación dos equipos profesionais que interveñen na atención a menores de 0-6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, así como a súa prevención.
O programa dará soporte aos Servizos de atención temperá (SAT) e estará integrado co sistema de información de HSUE (Historia Social Única Electrónica da Xunta de Galicia) e permitirá aos SAT, a extracción dos indicadores e as estatísticas necesarias tanto para a planificación como para as xustificacións, memorias, investigacións, e avaliacións que precisen realizar.
SANTIAGO |