Nun contorno cambiante cheo de desafíos, a Administración pública e os seus principais
valores, o persoal que nela traballa, deben adaptarse á nova realidade social.
O obxectivo deste curso monográfico é axudarlles a anticipar eses cambios coa vista posta
no ano 2020, que marcará o inicio da segunda década do século XXI, a que moitos coinciden
en chamar «a década paradigmática» polo cambio de paradigma que representará.
Neste novo contexto de necesaria renovación, as administracións e o seu persoal deberán
optimizar a súa solvencia económica, técnica e profesional; mellorar a súa resonancia como
elementos identitarios de referencia; incrementar os seus niveis de integración no espazo
global a que pertencen; avanzar en transparencia e axustar as súas dimensións; aumentar a eficiencia de todos os seus recursos, en especial a excelencia dos seus valores humanos;
expoñerse dunha maneira máis próxima e comprensible á cidadanía, convertendo a comunicación
e a oratoria en dúas das súas ferramentas esenciais; tomar conciencia do seu papel social e representalo con motivación, e interactuar con suficiencia no entorno dixital.
Solvencia, resonancia, integración, transparencia, eficiencia, excelencia, comunicación,
oratoria, motivación e interacción, dez eixes vertebradores esenciais para que a Administración afronte con éxito o reto do ano 2020.
SANTIAGO |