Dado o momento actual no que vivimos, con saturación de compromisos tanto persoais como profesionais, deixamos nun segundo plano o noso propio desenvolvemento persoal.
Este curso persegue, dunha forma totalmente práctica e experiencial, que as persoas participantes, poidan xestionar mellor o seu tempo, incrementar a súa motivación e acadar así,dun xeito máis doado, os obxectivos que se propoñan.
A través dunha metodoloxía moi práctica e dinámica, este curso centra as súas acción nos seguintes obxectivos:
– Definir de maneira eficaz os fins que farán que a felicidade e motivación das persoas participantes aumenten.
– Tomar conciencia da importancia dos seus pensamentos ante os acontecementos do día a día.
– Descubrir as capacidades necesarias para superar a maioría dos desafíos nos ámbitos persoal e profesional.
– Gozar da oportunidade de experimentar a propia enerxía interior enfrontándose a un dos retos máis impactantes da súa vida.
– Experimentar unha nova sensación de poder interior para enfrontarse a calquera proceso de cambio e acción.
SANTIAGO |