O obxectivo principal desta acción formativa é analizar os aspectos máis salientables da lexislación de 2015 en materia de Administración electrónica, con especial atención aos seguintes apartados:
- As notificacións electrónicas nas leis 39/2015 e 40/2015.
- A sede electrónica como instrumento para o exercicio das competencias administrativas e de relación cos cidadáns, así como a regulación dos rexistros electrónicos.
- Sistemas de identificación e de sinatura electrónica.
- Aspectos relacionados coa tramitación do procedemento administrativo, en particular, a regulación do documento electrónico, copias electrónicas, arquivo electrónico de documentos e expediente electrónico.
SANTIAGO |