Dado o momento actual no que vivimos, con saturación de compromisos tanto persoais como profesionais, deixamos nun segundo plano noso propio desenvolvemento persoal. Este curso persegue, dunha forma totalmente práctica e experiencial, un incremento da motivación en toda persoa participante, aproveitando mellor o tempo e alcanzando maís facilmente os obxectivos marcados.
A través dunha metodoloxía moi práctica e dinámica, este curso centra as súas accións nos seguintes obxectivos:
Definir de maneira eficaz os fins que farán que a súa felicidade e motivación aumenten.
• Tomar conciencia da importancia dos seus pensamentos ante os acontecementos do día a día.
• Descubrir as capacidades necesarias para superar a maioría dos desafíos.
• Gozar da oportunidade de experimentar a propia enerxía interior enfrontándose a un dos retos mais impactantes da súa vida.
• Experimentar unha nova sensación de poder interior para enfrontarse a calquera proceso
de cambio e acción.
SANTIAGO |