Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC17059 - Meteoroloxía, cambio climático e calidade do aire

O obxectivo do curso Meteoroloxía, cambio climático e calidade do aire é facilitar aos traballadores da administración autonómica coñecementos prácticos e habilidades técnicas susceptibles de aplicación nos seus postos de traballo, a través dos seus respectivos ámbitos de responsabilidade nos sectores que inciden no medio ambiente.
O desenvolvemento do curso abrangue tres áreas definidas co obxecto de:
Permitir familiarizarse coa aplicación nos traballos técnicos de variables meteorolóxicas e empregar as bases de datos e outras ferramentas que MeteoGalicia ten a disposición.
Facilitar a comprensión de aspectos como o fenómeno do cambio climático, así como, do desenvolvemento normativo que, desde unha escala internacional, compromete aos diferentes países no cumprimento de obxectivos de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Permitir ao alumno coñecer, entre outras cuestións, a determinación das emisións de gases de efecto invernadoiro mediante a elaboración de inventarios, así como, o funcionamento do mercado de dereitos de emisión e a xestión de diversos mecanismos e principais ferramentas e modelos como base para a adopción de actuacións fronte ao cambio climático.
Proporcionar información sobre cómo se realiza a avaliación da calidade do aire, cómo se interpretan os datos de concentración de contaminantes, qué contaminantes son estudados neste ámbito e qué efectos poden ter sobre a saúde das persoas. Tamén, coñecer as distintas ferramentas existentes a disposición do público para coñecer a calidade do aire no seu contorno.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Area: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AU|LO
Horas: 24
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 18/02/2017 - 08:00h
Data Fin matricula: 27/02/2017 - 14:00h
Responsable: Gallego Fernandez, Nuria - nuria.gallego.fernandezarrobaxunta.es
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
19/04/2017
Fin
26/04/2017
Data exame
26/04/2017 - 00:00h
Prazas
25
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212