O obxectivo fundamental deste curso é a formación en inspección vexetal aos empregados públicos das xefaturas territoriais e da administración periférica da Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural para que actúe como persoal formador que deberá dar traslado dos seus coñecementos ao persoal de oficinas comarcais e aos agricultores. Cómpre formar a técnicos en sanidade vexetal para que poidan auxiliar na realización de tarefas de prospección e control relacionados coas pragas de corentena, cos fitosanitarios e cos distintos rexistros, en particular o rexistro de produtores e operadores( ROPO) e o rexistro de comerciantes, importadores e produtores de material vexetal (ROPCIV).
SANTIAGO |