Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
LO17021 - Análise de custos nas Administracións Públicas. O custo efectivo dos servizos na Administración Local

A reforma do réxime local instrumentada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidad da Administración Local, no seu apartado Trinta e un do artigo primeiro, introduciu un novo precepto, o artigo 116 ter, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases del Réxime Local, no que se conteñen determinados criterios básicos relativos ao custo efectivo dos servizos prestados polas entidades locais.
Establece o mencionado artigo 116 ter que, por Orde do Ministro de Facenda e Administracións Públicas desenvolveranse eses criterios de cálculo e que todas as entidades locais comunicarán os custos efectivos de cada un dos servizos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a súa publicación.
En cumprimento do anterior, o 6 de novembro de 2014 foi aprobada a Orde Ministerial HAP/2075/2014, de 6 de novembro, pola que se establecen os criterios de cálculo do custo efectivo dos servizos prestados polas entidades locais, publicada no «BOE» núm. 270, de 7 de novembro de 2014.
O obxectivo principal deste curso é facilitar o cumprimento do deber de cálculo do custo efectivo dos servizos públicos, de forma práctica, pero analizando ao mesmo tempo o marco conceptual e teórico no que se encadra e que como veremos vén impulsado polo principio de transparencia e calidade.
Para alcanzar este obxectivo é preciso facer referencia ao concepto de servizo público e as súas formas de xestión, así como do marco competencias das entidades locais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Local
Area: Réxime xurídico e xestión das entidades locais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: LOCAL
Horas: 25
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Xeral
Data inicio matricula: 21/03/2017 - 08:00h
Data Fin matricula: 30/03/2017 - 14:00h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
07/09/2017
Fin
10/10/2017
Data exame
10/10/2017 - 00:00h
Prazas
30
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212