O curso A XESTIÓN DO EMPREGO CON SICAS NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA (SPEG) pretende facer un repaso das principais funcionalidades do sistema de intermediación en Galicia, xa que a permanente rotación do persoal das oficinas de emprego así como do resto de servizos implicados tales como Xefaturas Territoriais e os Servizos Centrais, fixo que moito persoal novo de recente incorporación non tivera unha formación axeitada nas cuestións esenciais do sistema de intermediación de Galicia.
Facemos entón un repaso do sistema de inscrición de demandantes de emprego así como das cuestións relacionadas coa xestión da demanda de emprego tales como o cambio de situación administrativa, a renovación da demanda de emprego, as repercusións dos cruces de información coa TGSS así como do sistema de comunicacións de contratos e as vinculacións con aplicacións satélites tales como o programa de orientación laboral. Por último, abórdase a intermediación laboral dende o punto de vista do rexistro das ofertas de emprego, os emparellamentos a través do programa e outros sistemas de buscas.
Este repaso ás principais ferramentas do sistema de intermediación do Servizo Público de Emprego de Galicia (SICAS) permitirá aos integrantes do SPEG acadar uns coñecementos que lles servirán de base para o desenvolvemento das súas tarefas habituais cos demandantes de emprego.
OURENSE |