Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
FC18047 - O Sector vinícola. Normativa reguladora. Procesos industriais e comercialización

O sector vitivinícola é dunha grande importancia dentro do complexo agroalimentario galego, non só polo que representa no plano económico -cunha achega relevante ao valor da produción final agraria- senón tamén dende o punto de vista social, dado o elevado número de persoas que, a tempo completo ou con dedicación parcial, se dedican a esta actividade. Ademais de supor unha actividade clave para amplas comarcas do país, ten tamén un importante valor ambiental polo que se refire á conservación de espazos rurais de gran valor paisaxístico. Pola súa parte, o sector das bebidas espirituosas está en Galicia moi vinculado ao vitivinícola.
A noramtiva que afecta á produción vitícola e a relacionada coa elaboración e comercialización do viño e as bebidas espirituosas, en particular a que ten que ver coa súa etiquetaxe, é certamente complexa e cambiante, polo que é preciso que o persoal da administración que realiza tarefas relacionadas con estes sectores recicle periódicamente a súa formación neste campo.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Consellería de Medio Rural
Area: Consellería de Medio Rural
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AUTONÓMICA
Horas: 25
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 15/02/2018 - 08:00h
Data Fin matricula: 26/02/2018 - 23:55h
Responsable: RIVAS BARROS, RICARDO - ricardo.rivas.barrosarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
14/05/2018
Fin
24/05/2018
Data exame
24/05/2018 - 13:00h
Prazas
35
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212