O persoal de organismos públicos desenvolven labores de responsabilidade, tanto por atoparse ao servizo da cidadanía e das propias administracións, así como polo papel que adquiren na toma de decisións que afectan ao eido público e comunitario.
É por isto que é necesario dotalos de ferramentas propias do coaching que lles permitan mellorar o seu desenvolvemento persoal e profesional así como axudar na mellora dos seus equipos de traballo.
Proponse unha formación que lles achegue o proceso de coaching é un camiño, como estratexia para o autodesenvolvemento, para medrar, para acceder a todo o potencial persoal, poñendo en funcionamento ás virtudes e desenvolverse positivamente enfocándose nas áreas de mellora, superar os seus medos e asumir con éxito os desafíos.
Esta formación supón un acercamento ao coaching traballando con estratexias que permitan un adestramento mental e emocional dende o que a persoa pode fixar obxectivos, identificar obstáculos e recursos, definir un plan de acción e un plan de seguimento para lograr, por medios propios, os seus obxectivos.
O beneficio principal desta formación é una comunicación eficiente que reduce os conflictos, optimiza os tempos e facilita conversas efectivas e de calidade.
Obxectivos:
-Transformar a forma de liderar. De xefe a líder coach.
-Obter a mellor versión dos nosos colaboradores aproveitando todo o seu potencial.
-Xestionar as nosas emocións e as dos demais para favorecer a consecución dos obxetivos do equipo.
- Buscar os axentes de motivación externa e interna para ter a mellor versión do noso equipo.
Esta formación consiste nun único programa formativo que incorpora diferentes ferramentas propias do Coaching, da PNL e da Educación Emocional, aplicadas ao desenvolvemento persoal e profesional, ao longo de 30 horas.
SANTIAGO |