Analizaranse os principais medios de intervención administrativa no ámbito do urbanismo, prestando especial atención ás licenzas e comunicacións previas, así como aos novos procedementos para a tramitación de títulos habilitantes municipais e a súa relación ca lexislación sectorial de maior incidencia; ás ordes de execución e aos expedientes de ruína; as medidas de reposición da legalidade urbanística, aos procedementos sancionadores e a execución forzosa dos actos administrativos e das sentenzas xudiciais en materia de urbanismo. Asemade, analizaranse as causas e procedementos da responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas relacionado ca intervención administrativa (nulidade de licenzas, nulidade de instrumentos de planeamento e xestión, declaracións de fora de ordenación, etc...)
| SANTIAGO |