O curso ten como finalidade contribuír ao desenvolvemento das competencias comunicativas proporcionando ás
persoas participantes as destrezas, estilos e estratexias que favorecerán a comunicación positiva nas actividades de
información e asesoramento ao público.
Como principais obxectivos podemos destacar os seguintes:
Dotar ás persoas participantes de mellores competencias comunicativas -verbais e non verbais-, para o traballo de
atención ao público.
Fomentar o desenvolvemento de estratexias de comunicación positivas e eficaces.
Mellorar as habilidades e destrezas de atención á cidadanía nas persoas participantes.
Como efectos esperados nas persoas participantes podemos anticipar os seguintes:
Mellora da competencia comunicativa.
Desenvolvemento das habilidades sociais e mellora das relacións interpersoais.
Aumento do autocoñecemento e da automotivación.
SANTIAGO |