O pasado 9 de novembro publicouse no BOE a Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
Ademais de acometer a transposición das citadas directivas, a lei establece un novo marco regulador do sistema de contratación pública, con vocación de ser máis eficiente, transparente e íntegro, e mellorar as condicións de acceso ao devandito sistema facilitando, en particular, a participación das pemes.
Coa celebración deste curso os obxectivos perseguidos son tanto a análise das principais novidades introducidas pola lei como propiciar o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores desde o punto de vista xurídico e da xestión pública, enfocado fundamentalmente a fortalecer coñecementos previos dirixidos á actividade de auditoría e control económico – financeiro do sector público, tanto no que se refire ao control do cumprimento normativo como dos principios de economía, eficacia e eficiencia.
SANTIAGO |