A Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, no seu artigo 19 establece á obrigatoriedade de formar e informar aos traballadores sobre os riscos do seu posto de traballo.
As visitas de inspección ás instalacións das industrias alimentarias entrañan determinados riscos que o persoal encargado de realizalas debe coñecer. Así se determina na avaliación dos traballos de campo do persoal dependente da Subdirección de Industrias e Calidade Agroalimentaria que ven de realizar o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia. Polas características das industrias alimentarias –tanto das súas instalacións coma dos seus procesos produtivos- é necesario dar unha formación específica aos traballadores para tratar de minimizar o risco de accidentes. Así mesmo, tamén é conveniente que este persoal teña unha formación mínima en materia de primeiros auxilios.
SANTIAGO |