O curso abarca a análise en 5 módulos diferentes do réxime xurídico da normativa estatal que trata da transparencia e o acceso á información prevista na Lei de 2013. Ademais analízanse os instrumentos de acceso á información previstos na Lei e nas recomendacións de Transparencia Internacional, aspectos conexos como o código de conduta profundamente relacionados coa ética pública e o comentario sistemático da nova Lei de transparencia de Galicia de 2016, cunha análise singularizada dos mandatos relativos ao bo goberno.
T01 |