Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU19007 - O patrimonio cultural como instrumento de desenvolvemento sustentable e de relevancia turística

Este curso monográfico ten como finalidade analizar os cambios normativos producidos coa aprobación da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, e a configuración da protección do noso patrimonio cultural, con especial referencia ao planeamento urbanístico. De igual forma, adiántanse as futuras modificacións que na protección do patrimonio cultural e na elaboración do planeamento urbanístico suporá a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, en tramitación parlamentaria.
Estudaranse tamén aspectos novos como a inclusión da lingua e da toponimia por vez primeira na lei como patrimonio cultural inmaterial, falarase dos retos no ámbito arquivístico e bibliotecario e afondarase no patrimonio inmaterial escasamente tratado e no patrimonio arqueolóxico.
Esta actividade resulta esencial para todo o persoal ao servizo de calquera das administración públicas encargado do estudo e aprobación de plans urbanísticos, en especial para o persoal ao servizo da Administración local encargado da elaboración do planeamento municipal, da tramitación das licenzas urbanísticas, da súa concesión, persoal dos seus servizos xurídicos, membros das súas escalas de arquitectos/as, enxeñeiros/as, arqueólogos/as ou membros dos colexios profesionais de arquitectos/as, avogados/as e enxeñeiros/as.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Horas: 12
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 23/03/2019 - 08:00h
Data Fin matricula: 31/03/2019 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
04/04/2019
Fin
05/04/2019
Data exame
N/D
Prazas
286
Programa
O Camiño de Santiago como elemento vertebrador do patrimonio cultural e do turismo
Xoves, 4 de Abril de 2019.
O Camiño de Santiago como elemento vertebrador do patrimonio cultural e do turismo

Xosé Luis Barreiro Rivas, profesor de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela
  •  
    •   Video
    •   Audio

O reparto competencial en materia do patrimonio cultural e do turismo
Xoves, 4 de Abril de 2019.
O reparto competencial en materia do patrimonio cultural e do turismo

Carmen María Salgueiro Moreira, letrada da Xunta de Galicia e xefa do Gabinete de Desenvolvemento Lexislativo
  •  
    •   Video
    •   Audio

A protección legal e xurisprudencial do patrimonio cultural
Xoves, 4 de Abril de 2019.
A protección legal e xurisprudencial do patrimonio cultural

A protección do patrimonio cultural na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
María Isabel Novo Castro, letrada da Xunta de Galicia e asesora xurídica da Consellería de Cultural e Turismo

A protección do patrimonio cultural na xurisprudencia contencioso administrativa
Dolores Rivera Frade, maxistrada da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
  •  
    •   Video
    •   Audio

O patrimonio cultural e o planeamento urbanístico, especial referencia ao Camiño de Santiago
Xoves, 4 de Abril de 2019.
O patrimonio cultural e o planeamento urbanístico, especial referencia ao Camiño de Santiago. Referencia ás modificacións que suporá a futura Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia

Diego Gómez Fernández, avogado especialista en urbanismo inmobiliario e Dereito Administrativo e profesor asociado de Dereito Administrativo na Universidade de Vigo

María Isabel Novo Castro, letrada da Xunta de Galicia e asesora Xurídica da Consellería de Cultura e Turismo
  •  
    •   Video
    •   Audio

O patrimonio inmaterial de Galicia
Xoves, 4 de Abril de 2019.
O patrimonio inmaterial de Galicia

O inmaterial como alma do patrimonio cultural
Ana Filgueiras Rei, arqueóloga municipal e da Oficina de Rehabilitación de Noia

A mítica xacobea, un exemplo de patrimonio inmaterial senlleiro de Galicia
Francisco Narla, escritor
  •  
    •   Video
    •   Audio

A lingua e a toponimia como patrimonio inmaterial
Venres, 5 de Abril de 2019.
A lingua e a toponimia como patrimonio inmaterial

A lingua e a toponimia como patrimonio cultural de Galicia
Vicente Feijoo Ares, responsable de Toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega

Análise da dinámica e estabilidade da coexistencia das linguas galega e castelá
Jorge Mira Pérez, académico correspondente da Real Academia Galega e catedrático de Electromagnetismo na Univesidade de Santiago de Compostela
  •  
    •   Video
    •   Audio

A diversidade do patrimonio arqueolóxico galego e a importancia da súa delimitación
Venres, 5 de Abril de 2019.
A diversidade do patrimonio arqueolóxico galego e a importancia da súa delimitación

María Luísa Pérez Rodríguez, arqueóloga na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
  •  
    •   Video
    •   Audio

O patrimonio cultural e o turismo
Venres, 5 de Abril de 2019.
O patrimonio cultural e o turismo

A coordinación das políticas turísticas e de protección do patrimonio cultural
Carmen Pita Urgoiti, directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia

A protección do patrimonio cultural mediante a adopción de medidas contra a contaminación luminosa
Salvador Bará Viñas, profesor titular da Área de Óptica e promotor do Laboratorio de Contaminación Luminosa da Universidade de Santiago de Compostela
  •  
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212