* Instruír aos profesionais que utilizan ferramentas ofimáticas no uso de solucións abertas no contexto do Plan de Migración do Posto de Traballo a Software Libre, de forma que estean preparados para a transición.
* Dar a coñecer aos/ás traballadores/as a contorna de traballo da aplicación LibreOffice Writer, para capacitalos tanto na redacción de documentos básicos de texto como na realización de documentos complexos, manexando con destreza as diferentes ferramentas de edición e xestión de documentos que contén este procesador de textos.
* Utilizar as funcións do procesador de textos, con exactitude e destreza, na elaboración de documentos, inserindo texto con diferentes formatos, imaxes, ou outros obxectos, da mesma ou outras aplicacións.
* Utilizar os asistentes e modelos que contén a aplicación, ou a partir de documentos en branco xerar modelos de documentos como informes, cartas, oficios, saúdas, certificados, memorandos, autorizacións, avisos, circulares, comunicados, notas interiores, solicitudes ou outros.
* Adquirir as habilidades necesarias para utilizar as principais técnicas e funcionalidades de Writer que permitan crear documentos de carácter profesional con rapidez e eficacia.
OURENSE |