• Ofrecer unha formación inicial en materia de violencia de xénero, de forma que o alumnado coñeza a terminoloxía básica que se utiliza ao falar da violencia de xénero, axudando a comprender que é, como se orixina e por que existe na sociedade actual.
• Dotar de coñecementos básicos para poder identificar e distinguir no contorno máis inmediato, posibles situacións de violencia, fomentando a sensibilización e o espírito crítico arredor da violencia exercida contra as mulleres.
• Tomar conciencia dos comportamentos cotiás machistas que constitúen, en moitas ocasións, un mal trato cara ás mulleres e que pasan “desapercibidas”.
• Realizar unha aproximación aos recursos dispoñibles e actuacións que se están levando a cabo nesta materia.
O fin último é sensibilizar sobre o concepto e alcance da violencia exercida contra as mulleres e romper cos mitos que hai ao respecto cara a unha comprensión do problema.
T01 |