Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU19027 - Curso monográfico Como construír e de-construír crenzas limitantes? Auto-percepción e autonomía emocional

Esta formación está deseñada en formato obradoiro en que, dun xeito práctico e dinámico, traballarase co sistema de crenzas e valores tales como o respecto, a tolerancia e a empatía, enfocados a mellorar o igual desenvolvemento do alumnado, o empoderamento e a súa auto-percepción, como elementos fundamentais para a prevención da violencia de xénero. Os obradoiros estarán programados de tal xeito que as persoas participantes, non só poidan facer un traballo persoal de aprendizaxe, senón que adquiran ferramentas para poderen transmitir estes coñecementos a outras persoas, dentro do seu rol profesional, mellorando a atención á cidadanía en xeral.

Como principais obxectivos poden destacarse os seguintes:
• Fomentar o emprego de ferramentas propias da educación emocional enfocadas á mellora da auto-percepción, da autoestima e autonomía, como chave para o igual desenvolvemento de homes e mulleres e para a prevención da violencia de xénero.
• Contextualizar a igualdade no marco sociocultural destacando ferramentas e acción adoptadas no relativo á igualdade de xénero e oportunidades e a prevención da violencia de xénero.
• Dotar o alumnado dos coñecementos, competencias e aptitudes necesarias para convivir en igualdade, fomentando o respecto, a tolerancia, e a empatía.
• Identificar e saber destacar as fortalezas e debilidades propias de cada persoa.

Esta actividade formativa en materia de violencia de xénero está a ser financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade).

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Igualdade e violencia de xénero
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|XU
Horas: 15
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 12/11/2019 - 08:00h
Data Fin matricula: 17/11/2019 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
20/11/2019
Fin
28/11/2019
Data exame
N/D
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212