Dar a coñecer oRegulamento (UE) 2019/1020 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, relativo á vixilancia do mercado e a conformidade dos produtos e polo que se modifican a Directiva 2004/42/CE e os Regulamentos (CE) nº 765/2008 e (UE) nº 305/2011, coa finalidade de capacitar ao funcionariado coas canles precisas para a súa aplicación.
O obxectivo deste Regulamento é mellorar o funcionamiento do mercado interior mediante o fortalecemento da vixilancia do mercado de produtos aos que se aplica a lexislación de harmonización da Unión, a fin de que só se comercialicen produtos conformes que cumpran os requisitos que proporcionan un elevado nivel de protección de intereses públicos, como a saúde e a seguridade, a protección das persoas consumidoras, do medio ambiente, etc.
Así mesmo, como consecuencia das novidades normativas en materia de etiquetado, profundizarase en dar a coñecer ao funcionariado as obrigas legais relativas aos siguientes alimentos: pan, froitas, vexetais, bebidas espirituosas, conservas e alimentos con calidade diferenciada.
SANTIAGO |