Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU19030 - Taller de contratación pública. Role play xurídico-práctico

O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administración públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, co desenvolvemento desta actividade perséguense os seguintes obxectivos:
• Comprender e coñecer todas as fases do procedemento de contratación.
• Ser capaz de redactar os documentos que compoñen o expediente de contratación.
• Alertar sobre as dificultades e principais incidencias da contratación pública.
• Determinar as exixencias de solvencia de forma adecuada.
• Diferenciar os tipos de criterios de adxudicación e coñecer os riscos e posibilidades de elección dos ditos criterios.
• Ser capaz de redactar un prego de condicións e coñecer as posibles vulnerabilidades e os defectos frecuentes.
• Comprender a dificultade de redactar un modificado previsto.
• Comprender como redactar condicións especiais de execución e, en relación con iso, coñecer as novas exixencias do Real decreto lei 14/2019, do 31 de outubro.
• Aprender cal é o contido mínimo dun documento de contrato.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|XU
Horas: 6
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 26/11/2019 - 08:00h
Data Fin matricula: 02/12/2019 - 23:55h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
10/12/2019
Fin
10/12/2019
Data exame
N/D
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212