O paso polo sistema de protección implica necesariamente un cambio brusco das circunstancias vitais dos menores sobre os que intervimos: Ingreso nun centro, cambios de centro, incorporación a unha familia.
Esta acción protectora, que busca apartar ao menor de situacións maltratantes, non queda exenta de efectos secundarios que é necesario minimizar. Por iso faise necesario programar e planificar a forma en que se producirá o cambio na vida do neno, para que este cambio non implique engadir factores de risco que comprometan o seu desenvolvemento e a súa integración no novo recurso ou familia.
OBXECTIVOS
-Comprender e analizar a importancia de programar e executar adecuadamente as transicións entre medidas de protección.
-Analizar as necesidades dos menores e as familias nos procesos de cambio entre medidas de protección.
o Presentar os aspectos a ter en conta á hora de planificar o cambio entre diversas medidas de protección.
o Analizar e estudar as mellores fórmulas para realizar un adecuado tránsito entre as mesmas.
o Propoñer estratexias e técnicas de abordaje das problemáticas.
o Estudar estratexias de afrontamiento para situacións de crises. Intervención en situacións de crise.
TELEPRESENZA |