A acción formativa centrarase en explicar e describir polo miúdo a máis recente iniciativa normativa en materia de discapcidade de ámbito estatal: O Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade da súa inclusión social.
Este texto establece que a discapacidade debe estar contemplada en todas as actuacións políticas e por todas as administracións, o que xustifica a importantcia que ten o seu estudo e coñecemento para o persoal ao servizo da Administración pública.
O obxectivo xeral é formar a profesionais na defensa, recoñecemento e protección dos dereitos das persoas con discapacidade dende un enfoque social, xurídico e de dereitos humanos.
T01 |