Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU20009 - Curso monográfico Violencia de xénero na adolescencia

A formación presentada neste curso monográfico pretende contribuír á incorporación da perspectiva de xénero nas tarefas que desenvolve o persoal empregado público nos diferentes ámbitos, poñendo o foco na forma en que a violencia de xénero afecta as mulleres adolescentes.
Búscase fomentar o coñecemento e a análise crítica necesaria para a identificación das desigualdades, discriminacións e violencias explícitas existentes contra as adolescentes, de xeito que se posibilite a incorporación destes coñecementos ás actuacións públicas e se facilite o desenvolvemento de estratexias de prevención, detección e intervención.

Como obxectivos principais desta actividade poden destacarse os seguintes:

– Formar as persoas participantes nos conceptos básicos sobre desigualdade e discriminación entre mulleres e homes.
– Dotar as persoas participantes de ferramentas de análise da realidade desde unha perspectiva de xénero, que permita a detección de desigualdades no ámbito público e privado.
– Previr a violencia de xénero a través de formación específica sobre as violencias de xénero, a súa raíz na socialización de xénero e os seus mecanismos de transmisión ao persoal da Administración pública, o cal servirá, posteriormente, como axente de transformación social no seu ámbito concreto de traballo.
– Fomentar a toma de conciencia sobre a importancia dos modelos referenciais no dsenvolvemento e tolerancia de condutas violentas nos e nas adolescentes.
– Detectar e deconstruír mitos que dificultan a identificación dos casos de violencia de xénero entre adolescentes.
– Fomentar unha análise crítica da influencia das redes sociais e da internet no desenvolvemento de condutas violentas entre adolescentes. Dotar de ferramentas as persoas asistentes para comprender o cambio de paradigma vivido nas relacións sociais coa irrupción das TIC.
– Ofrecer ferramentas de análise para a identificación das condutas violentas máis habituais entre adolescentes, así como dos síntomas de que estas se estean producindo en rapazas e rapaces.
– Fomentar a identificación de violencias de xénero, calquera que sexa a súa forma, e ofrecer algunhas ferramentas de intervención primaria en casos de violencia de xénero.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións
Area: Igualdade e violencia de xénero
Calificacion: Asistencia
Plan: Fondos EGAP
Administracion: AU|LO|UN|XU
Horas: 14
Estado: Anulado
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: C.Monográfico
Data inicio matricula: 12/03/2020 - 08:00h
Data Fin matricula: 13/03/2020 - 11:00h
Responsable: OLIETE TRILLO, PAULA - paula.oliete.trilloarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
25/03/2020
Fin
31/03/2020
Data exame
N/D
Prazas
50
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212