O obxectivo principal é crear conciencia sobre a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable e abordar as necesidades teóricas e prácticas para que o persoal destinatario da actividade poida incorporar os obxectivos para o desenvolvemento sustentable (ODS) da Axenda 2030 e a súa medición aos seus ámbitos de traballo.
De maneira específica abordaranse, entre outros, os seguintes temas:
- Contextualización da Axenda 2030 e a súa medición.
- A política da Xunta de Galicia na materia.
- Os obxectivos para o desenvolvemento sustentable e a Axenda 2030, con especial mención aos concellos e ás universidades galegas.
- A nova métrica para a dinamización do desenvolvemento: o Apoio Oficial Total para o Desenvolvemento Sustentable (TOSSD) e a súa aplicación en España.
TELEPRESENZA |