Esta acción formativa pretende facilitar ao alumnado as ferramentas para acompañar e apoiar as mulleres que sofren violencia de xénero. A través dela, abordaríanse os seguintes obxectivos:
- Identificar a violencia de xénero como un problema social e ensinar ao alumnado as diferentes formas de detectar e actuar ante un caso deste tipo.
- Coñecer e identificar os diferentes tipos de violencia, o seu proceso e as consecuencias que ten sobre as mulleres e nenas.
- Proporcionar estratexias e facilitar ferramentas para un acompañamento e apoio emocional efectivo coas mulleres.
- Dar a coñecer os recursos dispoñibles nesta materia para proporcionar atención e apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero.
T01 |