O presente curso ten por obxecto formar o persoal funcionario do Parlamento de Galicia no uso das aplicacións informáticas específicas relacionadas coa xestión dos procedementos parlamentarios: ÁGORA MILLENNIUM e TECO.
Describirase a aplicación ÁGORA MILLENNIUM en conxunto e cada un dos módulos que a compoñen cos correspondentes menús e submenús, dedicando tempo para a exposición das funcionalidades e para a execución de supostos prácticos.
Describirase, así mesmo, a aplicación para a xestión dos textos lexislativos TECO (Textos Comparados): introdución do texto do proxecto ou proposición de lei, incorporación de emendas, introdución dos acordos de Ponencia, Comisión e Pleno. Obtención dos correspondentes informes de Ponencia, ditames de comisión, textos comparados para os traballos de ponencia, comisión e Pleno e texto definitivo da lei.
T01 |