Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV21073 - Cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

Por unha banda, no curso preténdense abordar as novidades normativas na materia de ordenación do territorio e urbanismo, como a recente entrada en vigor da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, así como as últimas modificacións efectuadas sobre a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia.
Por outra banda, esta acción formativa ten por obxecto clarificar as relacións entre os diferentes suxeitos que operan na defensa da ordenación do territorio, do urbanismo e do litoral: fiscalía, xulgados e tribunais do poder xudicial, as diferentes Administracións territoriais e colexios profesionais que velan polo adecuado exercicio das profesións cualificadas para o proceso de urbanización e edificación.
Así, preténdese obter a visión de diferentes axentes que colaboran para o exercicio das súas respectivas potestades e competencias en defensa da legalidade territorial, urbanística e da ordenación do litoral en Galicia. Desta maneira, proxéctase a participación de representación da Fiscalía do Medio Ambiente, encargada de exercer a acusación pública fronte os delitos contra a ordenación do territorio; da Administración Xeral do Estado competente para a regulación xeral en materia de costas, así como para a vixilancia en defensa do dominio público marítimo-terrestre a través da Demarcación de Costas en Galicia; así como do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que vela polo correcto exercicio profesional dos encargados de atender á complexa e variada normativa sectorial con incidencia sobre o territorio e urbanismo.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Cursos Convenios
Area: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Calificacion: Aproveitamento
Plan: F. Contínua
Administracion: AU|LO
Horas: 15
Estado: Producción
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 15/09/2021 - 08:00h
Data Fin matricula: 22/09/2021 - 14:00h
Responsable: ANTELO ROMERO, MARÍA LORENA - maria.lorena.antelo.romeroarrobaxunta.gal
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO
Inicio
04/10/2021
Fin
08/11/2021
Data exame
09/11/2021 - 12:00h
Prazas
60
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212