O curso ten por obxecto formar aos/ás biólogos/as da Consellería do Mar no recoñecemento das especies máis representativas das macroalgas mariñas, e as metodoloxías de estudo destas especies. Consistirá nunha introdución á identificación das principais especies de macroalgas mariñas coa realización de visitas guiadas a intermareais rochosos, así como a identificación en laboratorio con emprego de claves de identificación. A formación completarase con seminarios sobre a evolución das macroalgas, a súa clasificación e zonación, así como outros aspectos da súa bioloxía: ciclos biolóxicos, fenoloxía, reprodución e distribución espacial e temporal. Ademáis serán tratados aspectos relacionados coa xestión e o control da explotación destes organismos en Galicia, así como o seu cultivo.
SANTIAGO |