Esta acción formativa pretende sensibilizar sobre o concepto e o alcance da violencia exercida contra as mulleres no mundo dixital e achegar ao alumnado unha visión clara e integral sobre o que é a ciberviolencia de xénero. Comprende os seguintes obxectivos:
- Ofrecer unha formación inicial en materia de violencia de xénero dixital, de forma que o alumnado coñeza a terminoloxía básica que lle axude a comprender que é, como se orixina e por que existe na sociedade actual.
- Dotar de coñecementos básicos para poder identificar e distinguir na contorna máis inmediata as posibles situacións de violencia de xénero dixital, fomentando a sensibilización e o espírito crítico arredor dela.
- Tomar conciencia sobre a normalización de condutas relativas á violencia de xénero na rede e indagar sobre como afectan ás mulleres, con especial incidencia na mocidade e adolescencia.
- Realizar unha aproximación aos recursos dispoñibles e actuacións que se están levando a cabo nesta materia.
T01 |