Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV22047 - Curso superior de Administración electrónica

Un dos obxectivos prioritarios da Xunta de Galicia é a prestación de servizos públicos máis eficaces, eficientes e accesibles á cidadanía mediante o emprego das tecnoloxías dixitais, a través da implantación dunha administración electrónica capaz de se relacionar coa cidadanía e coas empresas mediante as canles electrónicas.

Para lograr este propósito, a formación dos empregados públicos é esencial, pois permite a mellora da capacidade de desempeño das súas funcións e a asunción de novos procedementos de traballo, o que contribuirá, en grande medida, a conseguir unha administración máis eficaz e eficiente.

O curso superior de Administración electrónica pretende afondar no coñecemento desta materia e, deste xeito, poden destacarse como principais obxectivos do curso os seguintes:

• Concienciar o alumnado sobre a importancia que ten a implantación da Administración electrónica nas distintas administracións da nosa comunidade.

• Proporcionar, ás persoas ás que se dirixe, coñecementos acerca do réxime xurídico da administración dixital, así como perfeccionar e completar a súa formación práctica neste ámbito.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo EIP - Convenios
Area: Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Administracion: AU|LO|XU
Horas: 114
Estado: Producción
Mod.imparticion: Mixta
Tipoloxia: Superior
Data inicio matricula: 16/06/2022 - 08:00h
Data Fin matricula: 31/07/2022 - 23:55h
Responsable: CASAL VALIÑO, MARÍA PILAR - maria.pilar.casal.valinoarrobaxunta.gal
1 Edicións
MIXTA
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
13/09/2022
Fin
25/10/2022
Data exame
N/D
Prazas
70
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212