Comprender a importancia da corrección e fiabilidade dos datos na xestión diaria dos servizos bibliotecarios, como medio para extraer información de calidade, e como instrumento para a toma de decisións sobre os niveis de prestación dos servizos e a planificación estratéxica do futuro.
Obxectivos:
- Aclarar conceptos básicos da colección, a súa organización e o seu uso.
- Comprender a importancia da corrección na introdución de datos no sistema de xestión.
- Aprender a extraer e manexar os datos estatísticos.
- Aprender a manexar o formulario de estatísticas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
- Mostrar as vantaxes de contar con información para avaliar os niveis de prestación dos servizos bibliotecarios.
- Reflexionar sobre a importancia da recollida e a explotación da información dispoñible
SANTIAGO1 |