Nas últimas décadas, o Terceiro Sector experimentou un considerable avance como consecuencia da evolución do Estado de Benestar e a revitalización da sociedade civil.
O principal obxectivo do curso é proporcionar ao alumno os coñecementos fundamentais ao respecto das características que definen ás asociacións e ás fundacións, así como as súas diferencias.
Os participantes recibirán a debida capacitación que lles posibilite comprender o funcionamento destas entidades xurídicas e lles facilite a súa labor a aqueles que xa pertencen a este sector ou pretendan, no futuro, formar parte do mesmo.
A estes efectos, as asociacións permiten aos individuos recoñecerse nas súas convicións, perseguir activamente os seus ideais, cumprir tareas útiles, atopar o seu posto na sociedade, facerse oír, exercer algunha influencia ou provocar cambios.
Pola súa banda, as fundacións son un instrumento axeitado de participación da sociedade galega na acción social, cultural, científica e doutros ámbitos, manifestándose como unha expresión creativa do ánimo altruista e solidario dos seus membros, e constitúen un medio vital de coparticipación e colaboración da cidadanía.
T01 |