Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
CV22088 - Módulo IV. Renovación urbana e rexeneración urbanística. Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística

De acordo co establecido na base sexta, ordinal 6º, da convocatoria do Curso superior de técnico de urbanismo 2022/23 (DOG núm. 240, do 16 de decembro de 2021): No caso de dispoñer de prazas vacantes abrirase un prazo adicional de solicitudes só para os módulos optativos.

O módulo se focaliza na cidade existente e a complexidade e conflito que a caracteriza, co obxectivo de estimular nos técnicos participantes unha reflexión colectiva innovadora sobre a xestión urbana e o proxecto de cidade afastada do paradigma tecnocrático, burocrático ou metodolóxico característico do urbanismo formal.

Por esta razón o módulo arrinca na súa primeira xornada cunha evocación da vida cotiá das cidades que debe servir para contextualizar aspectos correntes da vida urbana, tan esquecidos na práctica diaria e como transcendentais na vida das persoas. Trátase, dalgunha forma, de comezar dando a voz e a palabra ás persoas e o seu drama vital cotián nas cidades.

Na segunda xornada preténdense mostrar outras visións posibles de cidade, de prácticas autónomas, de estratexias disruptivas e procuras activas de formas de vida urbana alternativas e críticas co discurso oficial.

Na terceira xornada poñeranse encima da mesa as experiencias e conflitos de quen fai xestión urbana desde a administración municipal.

Na cuarta e última xornada, empezaremos cunha sesión na que se incidirá na gobernanza do proxecto urbano, a custodia estratéxica da cidade e o combate cidadán da corrupción e a pobreza e que será preparatoria dun Laboratorio cidadán que pretende mostrar como focalizar e prototipar conclusións derivadas dos problemas detectados nas xornadas anteriores, co obxectivo de atopar respostas provisionais, tentativas, incompletas e mellorables.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Datos Técnicos do curso
Grupo: Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións - Convenios
Area: Réxime xurídico e xestión das entidades locais
Calificacion: Aproveitamento
Plan: Convenio
Horas: 32
Estado: Convocado
Administracion: AU|LO|UN|ES|CI|XU
Mod.imparticion: Presencial
Tipoloxia: Específico
Data inicio matricula: 04/11/2022 - 10:00h
Data fin matricula: 09/11/2022 - 23:55h
1 Edicións
SANTIAGO
Localidade
Santiago de Compostela
Inicio
11/11/2022
Fin
30/11/2022
Data exame
N/D
Prazas
12
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212